Iniciando o 2º trimestre co Laboratorio Documental xurdiu a necesidade de ofertar un recurso interactivo para a Formación de Usuari@s e para asentar o concepto BE-LeoLab Milladoiro, evolución paulatina que tivo un gran pulo ao acollernos ao plan centros LIA.2 e que posibilitou a extensión da Biblioteca en diferentes espazos creativos por todo o colexio.
Reforzamos, pois, a Formación de Usuari@s iniciada no 1º trimestre con este panel interactivo da nosa Biblioteca que recolle funcionalidades, entre outras, coma:
- Exploración da organización espacial (etiquetas en cada letreiro alfabetizado ou numérico)
- A nosa CDU con iconas inclusivas para facilitar a localización e recuperación de exemplares (páxinas interactivas con diferentes iconas)
- Punto de autoempréstito (ventá con información básica)
- Premendo na serea Leo repaso dos diferentes espazos creativos que acollen os fondos catalogados coa icona da CDU correspondente.
Este recurso foi elaborado polo equipo Tecnolóxico e o equipo de BE-DL baixo a coordinación da Xefatura de estudos.
Unindo bo facer, esforzos e saber nacen xoias coma esta para o noso alumnado, para a nosa comunidade educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario