Aproveitando que no centro dispoñíamos de ducias e ducias de libros de expurgo, para a conmemoración do Día do Medio Ambiente decidimos darlles unha segunda vida.
Cada aula acercouse á zona de libros de expurgo do primeiro andar e levou varios para a aula. Despois, iniciaron o seu propio proceso creativo, guiados polas titoras/es.
Recortaron, pegaron, pintaron, superpoñeron materiais, engadiron ou eliminaron texto... E mesmo crearon as súas propias historias de cero, recortando palabra de diferentes libros para xuntalas noutro novo!
Clica na imaxe para acceder á galería.
Ningún comentario:
Publicar un comentario