Un curso máis, e xa van tres, desenvolvemos o programa Lectura e Familias: educa-tribo.
Un programa que permite a lectura compartida coas familias e entre iguais, así como formación para toda a comunidade.
Achegamos enlaces ao álbum de fotos das lecturas compartidas e das formacións, premer en cada título para acceder:
- Aniversarios lectores, que mellor agasallo que unha lectura compartida en familia.
- Hoxe le..., sesións de lecturas compartidas entre iguais.
- Pedra a pedra impartido por Ana Chouciño.
- Experimentando impartido por Lourdes Andrade.
- Nadal en familia! impartido por diversas familias, baixo a organización de cada titoría.
- Horticultura impartido por Belén Garrido.
- Bólas mariñeiras impartido por Uxío Amigo.
- Receitas de Entroido impartido por Isabel Rodríguez.
Agradecid@s a toda a comunidade pola súa colaboración e implicación na implementación do programa, que inclúe actividades xa sistematizadas na nosa biblioteca.
O vindeiro curso máis lectura e familias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario