24.10.22

Día das Bibliotecas: BE-LeoLab Milladoiro

Conmemoramos o Día das Bibliotecas presentando un vídeo-resumo da andaina da nosa Biblio neste comezo de curso 2022-23.

Biblioaxudantes en acción, voluntari@s de 6º de E. Primaria, dende o primeiro día lectivo: elaboraron os seus identificadores persoais, colaboraron na organización e posta en marcha da Biblio, editaron os carteis de apertura da BE-LeoLab, en formato impreso e dixital, e iniciaron as primeiras sesións da nosa actividade de animación á lectura Hoxe le..., entre moitas outras tarefas (expurgo, revisión e colocación de exemplares...). Incalculable a súa contribución na organización e funcionamento da nosa Biblio.

Os recreos na Biblio voltan retomar a merecida "normalidade". Unha apertura cargada de emoción e vida: tod@s relacionándose libremente e desfrutando de momentos de lecturas individuais ou compartidas, xogos, música, retos LeoLab...

Congratulámonos de poder contar cun recurso indispensable en calquera escola: a Biblioteca Escolar, aberta e ubicua, onde os seus espazos creativos e recursos organizativos, materiais, persoais... nos acollen e coidan, permitíndonos medrar persoal e socialmente.

Feliz Día de todas as Bibliotecas e que nunca nos falten para seguir voando alto.

Ningún comentario: