Ao longo do noso Mes das Letras puidemos recrearnos con cada unha das fotografías en branco e negro, a cor, da exposición Malpica, a nosa vila. Cada quen, cada aula reinterpretou o que foi observando, puido ler a historia malpicá narrada en imaxes.
Un privilexio que Xurxo nos relatase, coa pedagoxía que o caracteriza, quen fixo a primeira rampla do porto, o destino do edificio donado por Anselmo Villar Amigo como praza de abastos e que finalmente foi escola e ata Concello ou quenes eran os bañeiros, como daban os baños as mulleres na praia de Malpica.
Que necesario que @s nen@s coñezan o pasado, a historia da súa vila para medrar con raíces.
Agradecid@s a Xurxo pola súa inestimable colaboración e contribución, que non será a última pois achegounos ao colexio a súa exposición O ollo máxico para que tod@s experimentemos co sentido da vista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario