30.11.11

Sampedro. PARABENS!


O escritor José Luís Sampedro ven de ser galardonado co Premio Nacional das Letras que concede anualmente o Ministerio de Cultura de España.
Con ese premio, o Ministerio pretende premiar toda unha vida dedicada ás letras. E así é no caso de Sampedro.
Unha extensísima carreira (ten 95 anos!)de escribir e escribir... sempre do lado da intelixencia e a sensibilidade.
Nos últimos tempos foi noticia o seu prólogo para o libro Indignaos! de Stéphane Hessel e tamén polo seu agudo análisis da visita do Papa.
Se eu teño que recomendar un libro seu, sen dúbida vos convido a ler La sonrisa etrusca.
Desde esta fiestra saudamos o premio e desexámoslle ó autor días de viño e rosas.

25.11.11

A cincenta que non queria comer perdices

No Día Mundial contra a Violencia de xénero, deixamosvos esta nova versión do famoso conto.
E o enlace ó estudo que veñen de presentar desde o Ministerio de Igualdade sobre o que pensan do tema os adolescentes españois. Queda moito por andar!

24.11.11

Proxecto Bubisher


Bubisher signigica: a ave que trae a boa sorte no Sahara.
E este ó o nome dun proxecto de animación á lectura que naceu como a idea dos nenos e nenas do colexio San Narciso de Marín (Pontevedra)
A actividade podesdes vela no video que acompaña esta entrada e completamente explicada neste enlace.
Hoxe traémola a esta páxina porque ándase a preparar un novo envío de libros no que imos participar.
As coordinadoras do programa seleccionan os libros que queren incorporar seguindo os criterios do seu propio Plan Lector e, con tal motivo, elaboraron un listado de libros do que nos escollimos un: A mi no me comas de OQO editora. ¿O criterio? Foi o último libro que incorporamos á nosa propia colección.
Se queredes participar, escollede AQUI o album que aportaredes. Seguiremos informando de como facer os seguintes pasos.

21.11.11

Visibilidade


Hoxe, o xornal La Voz de Galica, ocúpase do noso traballo.
O pasado mércores e a raiz da nosa participación como ponentes no recén celebrado Congreso de bibliotecas escolares en tránsito, viñeron facer unha reportaxe unha xornalista e o fotógrafo. Atendéronos o director e a profe responsable da biblioteca. A conversa durou perto de dúas horas tentando explicar en que consiste o traballo da biblioteca escolar e cal é o seu papel dentro do deseño da nosa escola. Fixeron moitas fotos e tomaron moitas notas.

Gústanos que os xornais inclúan novas positivas. E se teñen relación con nós....gústanos máis!
Se queres ler todo o texto PREME AQUÍ.

20.11.11

O dereito a xogar: Pocoyó


 Xogo from Enrédate con UNICEF on Vimeo.
Este a no dedicaremos a Día Universal dos Dereitos Humanos ó dereito dos nenos e nenas a xogar (dereito nº 24) xa que enlazamos as actividades propostas cos temas que estamos a traballar: os contos clásicos e os xogos tradicionais.

Para elo preparamos unha páxina con videos, xogos, debuxos de colorear... Como aperitivo, aí queda este video de Pocoyó. A páxina está enlazada desde a sección de RECURSOS neste mesmo blogue.

17.11.11

Bibliotecas Escolares de Galicia: un exemplo, un modelo


Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Co gallo da celebración en Compostela os pasados 10,11 e 12 de Novembro do Congreso de Bibliotecas Escolares, a Asesoría de BEs de Galicia, decidiu aló polo mes de Maio, rodar un video que plasmara de modo gráfico o que hoxe é a realidade das bibliotecas escolares galegas.
Para elo, escolleron unhas cantas, entre elas a nosa, co fin de mostrar o que hoxe somos. Foron estas e poderían ser calesquera outras porque hoxe, as 500 BEs que formamos parte do PLAMBEsomos, no estado español exemplo de modernidade e renovación pedagóxica.
O vídeo son 7 minutos pero hai rodadas varias horas (no noso centro foi case hora e media de rodaxe) e, posiblemente se sigan a facer montaxes que recollan os materiais que quedaron fora desta primeira presentación. Cousas como as opinións das comunidades educativas, os diferentes servicios que ofertamos e o seu funcionamente, as opinións do profesorado responsable delas....
Valga esta primeira entrega coma mostra do que HOXE XA SOMOS e que foi motivo de envexa san para quenes no Congreso poideron ver as imaxes.
Este tipo de iniciativas fannos máis fortes pois dannos visibilidade e deixan patente a nosa realidade que, esperemos, non teña volta atrás.

5.11.11

Os anxos escuros


Demos fin a esta semana tan intensa con varias actuacións (3º, 4º e 6º) Deixámosvos as imaxes da representación dos nenos e nenas de 6º que preferiron seren eles quen escribiran o seu propio texto. E así o fixeron.
O resultado foi excelente.

3.11.11

A figueira de Pelostortos


O libro, como ben di Uxía é de OQO Editora e pasámolo moi ben preparando a lectura.
A historia, escrita por Ana García Castellano e debuxada por Mikel Mardones, é a recreación dun conto tradicional.
Podedes ver unha reseña do libro no blog de lecturas
Este é o caderno coa adaptación do texto