21.3.24

Día da Poesía: Ramón Romero Nogueira

Encontro Ramón Romero

No día de hoxe, Día da Poesía 2024, o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria mantiveron un encontro dixital con Ramón Romero Nogueira, autor do exemplar "A abelliña que perdeu as ás" e que adquirimos no 1º trimestre con dedicatoria incluída do autor.

Dedicatoria do autor

Un encontro no que Ramón nos contou que, este seu primeiro libro, foi un relato que escribiu cando era neno e co tempo foi mellorando, ata a súa publicación. Ao tempo, presentounos á abelliña e aos animais da fraga que a acompañan, mediante as ilustracións de Uxía Pin.

A abelliña que perdeu as ás
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un texto poético protagonizado por unha abelliña que percorre a fraga na busca de..., recomendamos a súa lectura polo fermoso texto rimado, as coloridas ilustracións e... un final inesperado!

Grazas infindas a Ramón pola súa dispoñibilidade e amabilidade.

Feliz Día da Poesía, hoxe e todos os días do ano!

 

Ningún comentario: