17.1.24

Xornada "Boas Prácticas" no CEIP Milladoiro

BE-LeoLab Milladoiro de Fátima Romero Olveira

 Achegamos a presentación que desenvolvemos o pasado luns 15 de xaneiro, en horario de tarde, na "Xornada de Boas Prácticas" promovida polo CFR (Centro de Formación e Recursos) de A Coruña, desde o seu centro comarcal de Vimianzo, no noso centro.

Unha tarde entre compañeir@s para seguir formándonos e mellorando a educación que se oferta nas nosas escolas, rurais e galegas. De 20 centros convidados asistiron máis de 30 compañeir@s que ocupan cargos directivos e/ou coordinan o programa "Polos Creativos", centros cercanos e lonxanos, polo que agradecemos o súa asistencia, fóra de horario lectivo, para compartir experiencias docentes.

Xornada Boas Prácticas

Ao tempo, agradecemos ao CFR a organización da xornada e o seu interese por divulgar o que somos e facemos na nosa "escola bibliotecaria": unha biblioteca creativa, inclusiva, aberta e ubicua ao servizo do currículo e da comunidade.

Ademais da difusión na nosa bitácora, tamén foi recollido por La Voz de Galicia na sección comarcal. Premendo no seguinte enlace accederedes á nova:

Seguimos crendo que outras realidades educativas son posibles, non só dotando aos centros con recursos creativos, se non cambiando a visión e contando coas imprescindibles bibliotecas escolares como espazos creativos e de aprendizaxe, como motores de innovación, en todos os centros; transitando a metodoloxías activas nas que @s nen@s sexan protagonistas das súas aprendizaxes. Situacións de aprendizaxe para tod@s, que nos permiten seguir investigando, experimentando, construíndonos, emocionándonos, curso tras curso, aprendendo dos nosos erros e apoiándonos nas nosas fortalezas: 

                     aprendizaxes... de vida e para a vida!

Se a nosa experiencia educativa é válida para que outras comunidades inicien a trans-formación (transdisciplinariedade, transversalidade, formación de calidade e continua) cara unha educación de calidade, inclusiva e equitativa, pagou a pena, xa que cremos que compartir, enriquécenos.

Ningún comentario: