Páginas

2.5.22

Xornada "Aprende a través del surfing"

Aprende a través del surfing

A pasada semana demos inicio ao programa "Aprende a través del surfing" da man de Toni e o seu equipo de One Surf Academy de Malpica. 

O alumnado de 3º a 6º de Primaria desenvolveron a primeira xornada, primeira para @s nen@s de 3º; xa que o pasado curso os restantes grupos achegáronse ao surf e aos valores que comporta: traballo en equipo, respecto ao medio, mellora das relacións persoais, sociais...

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Tod@s estamos xa á espera da desexada xornada de práctica na auga, na nosa praia, sempre e cando o tempo nos acompañe.

Agradecer o bo facer de Toni e equipo que, un curso máis, nos guían nesta experiencia de vida.

Axenda 2030


Ningún comentario:

Publicar un comentario