Páginas

29.4.22

Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor: lectura na rúa!

O pasado 23 de abril conmemorouse o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor e NÓS iniciamos o último tramo escolar do curso co Mes das Letras 2022 e a primeira das actividades da proposta trimestral: 

Lectura na rúa!

Mochila viaxeira e título Plan Lector Anual 2021-22

Tod@s desenvolvemos, cando o tempo o permitiu, a Hora de Ler ao aire libre para a lectura individual, compartida en Malpica, a nosa vila: no adro da igrexa, ao pé da praia de Canido, no porto...

Unha fermosa e didáctica experiencia que, seguro, repetiremos.

Airiños lectores, salgados e solleiros; un tempo con e para NÓS co mellor compañeiro de vida: UN LIBRO!

Axenda 2030

Ningún comentario:

Publicar un comentario