Presentamos o mural que preside o corredor do 1º andar, ao lado da biblioteca, para implementar, ao longo do mes de outubro, a nosa formación de usuari@s; conmemorando o Día das Escritoras (16 de outubro) e o Día das Bibliotecas (24 de outubro)
Un mes que dedicamos a mulleres ilustradoras e galegas, mulleres que escriben historias con cada unha das súas ilustracións e ás que queremos valorar como parte imprescindible non só da banda deseñada/cómic (temática elexida pola Asesoría BEGA), tamén da narración, da poesía, dos libros de información... que atesouramos na nosa biblio.
Un mes para refrescar contidos: organización da biblio, identidade dos libros, sinaturas, recuperación de exemplares... e que enlazamos coa escritura creativa en forma de globos de diálogo/pensamento.
A seguir formándonos, preguntándonos, valorando ás escritoras de puño e letra e... ás escritoras de lapis e cores!
Ningún comentario:
Publicar un comentario