Celebramos, e vaia se celebramos, o Día de Rosalía!
Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.
Ao mural do curso pasado, Cartas a Rosalía, demos continuidade co mural do presente curso seguindo o lema da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: #SementadePensamentos.
Pensamentos de Rosalía: palabras, versos... e para Rosalía, a súa flor preferida, creadas con libros de expurgo pol@s nen@s de cada aula.
A nosa Biblioteca, o noso colexio segue a celebrar o Día da nosa querida escritora arredor da cal demos tratamento a súa biografía, a súa escrita, a súa gran persoa; pechando a xornada cun libro para casa e cunha flor-marcapáxinas.
En proceso de edición están os poemas de Rosalía gravados por cada aula para conformar un audiolibro de produción propia e a aula de 6º de Primaria compartiu con tod@s un adianto da canción que crearon, Rocksalía, baixo a coordinación do mestre de Música.
E para rematar, deixamos a listaxe de enlaces das publicacións feitas nalgúns dos blogs de ciclo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario