Páginas

3.5.21

Creatividade con Pablo Otero


PABLO OTERO - Kizoa Movie Maker

Asesoría de Bibliotecas Escolares concedeu aos centros Plan LIA2 unha xornada de formación para o alumnado dentro da programa Biblioteca Creativa.

Os obradoiros ofertados eran todos moi interesantes, pero neste caso decantámonos por Pablo Otero, un gran artista e ilustrador, que nos axudou a sacarlle máis partido á parte creativa e imaxinativa do noso LeoLab; xa que dentro do PDI Visión 3C, neste trimestre traballamos a construción  a partir das 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

                             













Nesta formación participaron os cursos de 2º e 3º de Educación Primaria, que gozaron cun obradoiro sobre letras, Alfabetos, e o curso 4º de Educación Primaria que realizaron o obradoiro Como me ves? Unha experiencia sobre retratos, autorretratos e outros animais fantásticos.

Nesta xornada formativa, tras escoitar e ver as mostras que trouxo Pablo, e os consellos para sacar o máximo rendemento a toda a nosa imaxinación e fantasía, o alumnado púxose mans á obra e tiveron que crear letras do alfabeto ou realizar un retrato dun compañeiro/a, utilizando os materiais, recursos e ferramentas dispoñíbles no LeoLab. Foi unha xornada na que, a partir da reciclaxe e reutilización de materiais, o alumnado tivo que pensar, organizar, planificar e desenvolver a súa imaxinación. PASÁRONNO XENIAL!!!

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Moitísimas grazas a Pablo, foi un gran pracer e grazas á Asesoría por concedernos esta oportunidade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario