Páginas

8.2.21

Rosalía de Castro e Lab. de Son

 

Este mes de febreiro, co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), imos desenvolver o Laboratorio de Son arredor da escritora.

Picando na imaxe accederedes a unha listaxe de recursos en liña para poder coñecer a Rosalía e establecer comunicación espistolar con ela, reflectindo as nosas emocións, como nos sentimos; tendo en conta que Rosalía é emoción en estado puro.

Na columna dereita deste blog e no blog DígochoEu! permanecerá activo o enlace aos recursos.

No corredor do 1º andar, xa está dispoñible a nova exposición "Leo le...LETRAS GALEGAS!", que recolle, principalmente, obras de Rosalía de Castro para coñecela a través da súa biografía, da súa escrita.


Que medre o noso coñecemento, o noso sentimento arredor de Rosalía e as súas letras! 

Enlazamos nesta entrada os produtos finais deste emocionante laboratorio, picando no seguinte enlace accederedes a eles:

Ningún comentario:

Publicar un comentario