Páginas

31.10.20

Rememoramos Letras Galegas 2020

No día de onte a Real Academia Galega voltou adiar o pleno Letras Galegas 2020 adicado a Ricardo Carvalho Calero, que se celebraría no día de hoxe, por mór do agravamento da pandemia e as restricións impostas polas autoridades.

Queremos nesta entrada enviar unha mensaxe de ánimo e esperanza, como xa o fixemos en confinamento cando celebramos as nosas Letras Galegas coa colaboración de toda a nosa comunidade educativa.

Rememoramos a entrada publicada o 24 de maio de 2020 en pleno confinamento:

Letras Galegas confinad@s: caligramas e podcasts

Celebramos estas Letras Galegas confinad@s, homenaxeando a varios/as autores/as galegos/as.
No noso blog Dígochoeu recóllense diferentes recursos sobre o autor homenaxeado este 2020: Ricardo Carvalho Calero.
Na proposta Leo, leo...ti les?, creación de podcasts dentro do programa Festexamos de Radio Balea que se atopan aloxados no reproductor da columna dereita deste blog, cada ciclo elexiu un autor/a galego/a ao que rendir homenaxe: Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro, Neira Vilas e Manuel María.
Na proposta caligramas, a  partir do poema O arco da vella de Manuel María recitado pola profe Vanessa para o programa Festexamos de Radio Balea,  o alumnado creou uns fermosos caligramas que titulamos "Cores e Letras".
O arco da vella, símbolo de esperanza durante esta pandemia, cheo de cores e Letras Galegas.  Presentamos o vídeo-resumo dos marabillosos produtos finais creados en familia.
Parabéns e grazas polo voso esforzo diario, que a creatividade non deixe de medrar dende as nosas casas para todos e todas nas ondas de Radio Balea e nas bitácoras do noso colexio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario