Queridas familias: agardamos que todos gocedes de boa saúde.
Como ben sabedes, o vindeiro martes 14 de abril comeza o terceiro trimestre do presente curso 2019/20. E reanudaremos a actividade académica, propiamente dita, con todo o noso alumnado.
Sabemos o difícil que está a ser facer escola sen estar na escola Sabemos que os nenos e as nenas necesitan o ambiente motivador das aulas para seguir aprendendo… e que esta situación énchenos de incertezas e inseguridades porque temos máis preguntas que respostas.
Pero tamén sabemos que somos xente afouta e que neste momento o realmente importante é conservar intacta a esperanza, o ánimo e os vínculos que nos enlazan sexan estes familiares, profesionais ou simplemente… de afecto. Empregar o tempo en fortalecelos será un capital que levaremos con nós toda a vida. Sobre todo os nenos e as nenas.
A Consellería, que en todo este período non se caracterizou por manternos informados, segue na súa líña. De maneira que, hoxe domingo, non temos directrices para o desenvolvemento profesional do noso labor.
Sabemos que o vindeiro mércores haberá unha reunión sectorial da Ministra Celaa cos conselleiros das disferentes CC.AA. e pode ser que os seus acordos sexan trasladados a Galicia polas nosas autoridades educativas. Pode. En calquera caso, terémosvos informados.
De momento: o martes o profesorado colgará novas tarefas primando contidos procedimentais e actitudinais sobre os conceptuais.
Tende a seguridade de que vos estamos a trasladar puntualmente canta información nos chega das autoridades educativas e así o seguiremos a facer.
Apertas, azos, saúde e moita esperanza!
A Dirección
Ningún comentario:
Publicar un comentario