Segundo conta a lenda tradicional de Guatemala, cando os nenos e nenas teñen medos ou pesadelos, cóntanllelos aos seus pequenos bonecos sacapenas antes de ir durmir. Despois, póñenos baixo da almofada e pola mañá, o temor desapareceu!
A lenda explica que, a partir do momento en que o boneco recibe a confidencia, é el (ou ela) quen se fai cargo da preocupación e permite que a rapazada durma tranquilamente.
Os bonequiños son unha maneira lúdica de descargar as nosas penas e tamén de poder falar delas porque, para que funcione, temos que contarlles iso que nos dá medo, ou que nos preocupa.
Unha condición: o boneco ten que ser feito a man por ti ou por outra persoa. Pequeniño, para que colla ben debaixo da almofada.
No libro que che propoñemos, o protagonista, Bieito, ten medo a unha chea de cousas e vive preocupado por case todo ata que a súa avoa lle agasalla un pequeno sacapenas.
Que importante aprender que os medos non manden en nós!
Queres fabricar un? Abondará con calquera material que teñades na casa: algunha tea, un resto de la… Un fermoso (e importante) traballo para facer en familia.
Aquí podedes ver algúns exemplos que fixeran os nenos e nenas do noso cole para enviárllelos aos de Gaza hai uns anos.
O libro, escrito e ilustrado por Anthony Brown, é ben fermoso. Foi publicado pola Editorial Kalandraka e seguro, seguro que o poderedes atopar na biblioteca do teu cole.
De momento podedes ver un fragmento na páxina da editorial
Ningún comentario:
Publicar un comentario