Hoxe é o Día mundial da Radio e, coma en anos anteriores, Radio Balea súmase á celebración a través da colaboración con Rede Espora
O tema proposto este ano é a diversidade e aí tendes ao noso alumnado, xunto co doutros centros escolares galegos, sumándose á reivindicación da diferencia como riqueza e propoñendo a educación na diversidade como base dunha convivencia cada vez máis e máis plural.
Si xa hoxe as fronteiras se difuminan e a diversidade chega a tódolos recunchos, imaxinade como de diverso, plural e rico será o mundo que agarda polos que hoxe forman o noso alumnado.
Como din os nosos rapaces:
Ser diferentes mola!
Ningún comentario:
Publicar un comentario