Páginas

29.10.19

Primeiro Laboratorio de Son (Radio Balea)

O primeiro laboratorio de son rematou, este mes de outubro, emitindo ao longo desta semana (no recreo e nas Lecturas Terroríficas) o primeiro programa da nosa propia parrilla de programas.

O programa "Festexamos" recolle a sección "Samaín 2019", o cal emite 3 lecturas terroríficas entre introducións, cuñas, ráfagas, despedida e sintonía da nosa Radio Balea (en proceso temos a creación do indicativo/jingle da nosa radio)

Picando na primeira foto accederedes ao álbum de fotos deste primeiro laboratorio.

O alumnado de E.I., 1º e 2º de E.P., ademais de reproducir a lectura "A casa da miña avoa", foi creador de cuñas e ráfagas estremecedoras. Como práctica, antes de gravar no estudo de radio, as gravadoras foron un recurso que lles encantou; traballando a escoita, o silencio, a entoación...





O alumnado de 3º a 6º de E.P. foron os encargados de guionizar a emisión do programa, locutar o mesmo e reproducir dúas lecturas: "A figueira de Pelostortos" e "Os tres bandidos".





Só nos queda felicitalos polo gran traballo realizado!

A continuación podedes ver a presentación que empregamos para iniciar aos máis pequenos nos medios de comunicación, entre eles a radio (Radio Balea); así como coñecer a comunicación e os seus elementos. O mesmo que fixeron os maiores, os cales profundizaron máis tratando: a historia da radio, a comunicación, a nosa radio Balea...


Convidámosvos a escoitar o podcast do programa "Festexamos: Samaín 2019" de Radio Balea.


Ningún comentario:

Publicar un comentario