17.11.13

Dereitos dos nenos e nenas


O 26 de Novembro de 1924 a Asemblea Xeral da Sociedade das Nacións apoiou a Declaración Universal dos Dereitos dos nenos e nenas. 
Hoxe segue a haber moitos países nos que non se cumplen e os nenos e nenas son explotados, utilizados, desprotexidos...
No video que acompaña esta entrada encontraredes diferentes situacións ns que iso ocurre. A idea é que o vexades en clase ou en familia de maneira que poidades cnversar con algún adulto sobre as situacións que aí se reflicten.

2 comentarios:

Chispa dixo...

Saúdos. Había tempo que non me pasaba un tempiño visitando o voso blog. Xa vexo que aí seguides traballando e traballando. Espero que tivésedes un feliz Día dos Dereitos dos Nenos e as Nenas.
Por certo, os decorados dos contos que estiven vendo nas entradas anteriores encantáronme. Noraboa, coma sempre.
Biquiños desde Ferrol

Leo dixo...

Ola, Chispa! Canto tempo!
Grazas polo teu comentario tan cariñoso. Xa sabes que eres a nosa bruxiña favorita.
Bicos salgadiños desde as Sisargas