Páginas

30.1.11

Toda a semana lendo pola PAZ

Lecturas da PAZ

Así foi. Durante toda a semana e, no tempo da Hora de Ler, disfrutamos na biblioteca das lecturas que escolleron algúns cursos para compartir entre todos. Lecturas que falan de PAZ e dos valores que axudan a construíla.
Esas son as imaxes do tempo compartido. As lecturas foron:
-...Para morrer de risa, SÁNCHEZ, Gloria. No libro Tres triscadas. Xunta de Galicia
3º.- Kofu, o neno de chocolate, LORIGA, Guadalupe. Nova Galicia Edicións
6º.- La ovejita que vino a cenar, DREIDEMY, Joelle. Ed. Beascoa
5º.- A galiña da paz. SANCHEZ, Gloria, Ed. Rodeira
1º.- Cantamos xuntos: Uélé molibá mákási, en Canciones infantiles y nanas del bao-bá. Ed. Kókinos
2º.- A máscara do león, MARZO, Margarita del..., OQO Editora.

Fomos moi felices nestes ratos de letura que nos uniron cantando, rindo, escoitando...
Lembrámosvos que a selección de materiais aínda seguirá posta uns cantos días para seguila disfrutando.
A celebración serviunos, tamén para estrear a megafonía e as luces e dar aínda máis valor ó traballo que se fai nas aulas.
E agora.... a seguir!

9 comentarios:

  1. Non consigo ver as imaxes nin co Explorer, nin co Mozilla... Sniffff.
    Feliz Día da Paz!!

    ResponderEliminar
  2. Benquerida Leo, agora está perfecto.
    Parabéns por esa fermosísima festa da Paz!!
    Apertas de mel.

    ResponderEliminar
  3. O certo foi que fomos moi felices lendo, escoitando e compartindo.
    Foi unha fermosa experiencia que esperamos deixe pousos en tódolos corazóns. E no gusto polos libros!

    ResponderEliminar
  4. Que boa idea!!!
    Nós facemos a exposición de libros de Paz, pero sempre penso que non vale de moito, pero coas lecturas "en vivo e en directo" moito mellor. Tomo nota.

    ResponderEliminar
  5. Efectivamente: as lecturas cobran vida.

    ResponderEliminar
  6. Enhorabuena por el blog, te pasaré a visitar más a menudo. Te facilito mi dirección de blog por si te interesa mi recurso didáctico de cuentos infantiles, espero que te guste.

    www.quincecuentosparacrecer.blogspot.com

    Un saludo

    ResponderEliminar
  7. Gracias, Borja, por tu amable comentario.
    Nos gusta encontrar nuevos amigos.

    ResponderEliminar