Páginas

28.4.21

CREAcción Día do Libro 2021

Presentamos o vídeo-resumo do Día do Libro 2021, que remitimos á Asesoría de Bibliotecas Escolares para participar na acción creativa que promoven baixo o título CREAcción Día do Libro 2021.

Parabéns a tod@s polo fantástico desenvolvemento do Laboratorio de Imaxe do que se obtiveron os carteis Leo le, nós lemos...? con información literaria, visual e virtual, que publicitamos por Malpica e outros concellos.

A seguir facendo amig@s...con cada libro!

27.4.21

Exposición_Construíndo un mundo mellor!


Presentamos a última exposición do curso 2020/21, exposición que recolle libros de consulta, xornal da xente miúda, libros de literatura, libros-CD, dicionario da reciclaxe...exemplares para enriquecernos arredor da construción dun mundo mellor.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos desta creativa exposición que se complementa cos carteis de cada grupo-clase elaborados no Laboratorio de Imaxe do mes de abril e algunhas das obras de arte con crebas.

Seguimos creando, construíndo!



23.4.21

Feliz Día do Libro!


Hoxe celebramos o Día do Libro fomentando lectura por Malpica cos produtos finais do Laboratorio de Imaxe implementado ao longo do mes de abril.

Libros e códigos QR enlazáronse nos carteis literarios tan creativos elaborados por cada grupo-clase e que xa forman parte da exposición Construíndo un mundo mellor! deste último trimestre.

Parabéns a tod@s polos fantásticos produtos finais e...

Feliz Día do Libro!

19.4.21

Recuncho robótico para TOD@S!

No día de hoxe chegaron ás aulas as caixas para crear o noso recuncho robótico, compostas por un escornabot, unha plantilla do abecedario para o mesmo e un xogo de inxenería.

Esta compra fíxose grazas ao premio que conseguimos no VI Concurso de Traballos por Proxectos.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos de entrega das caixas.

A seguir creando!

16.4.21

Obradoiro de Barro - "Creatividade"

Comezamos este terceiro trimestre dedicado a CREATIVIDADE e co lema presente de "Construír un mundo mellor"contamos coa participación o pasado mércores nun obradoiro de barro impartido por Lidia de  CERAMICA CREARE de nosa localidade. 

Participou o ciclo de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Educación Primaria e crearon unha maceta para continuar co traballo de plantación que se está levando a cabo en cada unha das aulas.

Podedes ver todas as fotos recollidas nos diferentes blogues:

Educación Infantil

1º Educación Primaria

2º Educación Primaria

12.4.21

Visita de Kalandraka: premio!

 

Comezamos abril, mes dos libros e...agasallos!

O pasado venres, 9 de abril, recibimos a visita de Kalandraka, representada por: Ricardo Rodríguez do Departamento Comercial, Bea Campos (reporteira) e J.M. Sagüillo (cámara) do equipo de Kalandraka TV

A visita tivo como principal motivo agasallar a cada neno/a cun libro e un lote de libros para a Biblioteca polo heroico traballo reflectido no vídeo Entroido 2021: SH Milladoiro! que realizamos entre tod@s para festexar un entroido "diferente" ao ritmo da canción "Superheroe, superheroína" de Paco Nogueiras, canción incluída no seu último libro-CD Extra! editado por Kalandraka.

Todos os libros-agasallo que repartiron entre o noso alumnado viñan seleccionados por idades lectoras, así: 

  • E.Infantil recibiu Janosch (libro-puzles)
  • 1º e 2º de Primaria recibiu Unha festa sorpresa de Pat Hutchins
  • 3º e 4º de Primaria recibiu  Allumette de Tomi Ungerer
  • 5º e 6º de Primaria recibiu O tesouro agochado de Paul Maar

As biblioaxudantes de 6º de Primaria exerceron de anfitrioas para guialos polos diferentes espazos do colexio, namentras gravaban: entrega de agasallos, espazos creativos BE-LeoLab...

O alumnado de 5º de Primaria, biblioaxudantes de Radio na Biblio, entrevistaron a Ricardo para coñecelo e coñecer un pouco máis o mundo do libro. Unha entrevista moi ben preparada polo alumnado, mais sorpresa para o entrevistado que non sabía que ía ser o proragonista do día en Radio Balea.

Agradecer a amabilidade de Bea, Sagüillo e Ricardo, equipo Kalandraka, con tod@s.

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos do día.

Parabéns a nosa comunidade educativa, non participamos en ningún concurso ou certame; mais é de agradecer o recoñecemento feito por Kalandraka ao traballo realizado con ilusión, motivación, esforzo e colaboración, á educación con corazón.

Seguimos...lendo, construíndo, vivindo!

5.4.21

Construíndo un mundo mellor!

Iniciamos o último trimestre do curso con novas actividades!
Presentamos o caderno de propostas para integrar nas programacións e implementar os últimos laboratorios de aprendizaxe no camiño que os define: Aprendizaxe Baseada en Proxectos, Alfabetización en Información e Tarefas Integradas para desenvolver as Competencias Clave de maneira significativa a través da experiencia.
Un trimestre que promete ser moi constructivo, no tocante a: Día do Libro-Letras Galegas (Mes das Letras) e ODS da Axenda 2030, que presiden as nosas actividades ao longo do curso.

A por un trimestre creando experiencias, 
a por un trimestre construíndo!



2.4.21

Día Internacional do Libro Infantil 2021


Hoxe, Día do Libro Infantil, fomentamos, coma cada día lectivo, a lectura de calidade entre @s nen@s; recollendo a imaxe do cartaz publicado pola Asesoría de BE na súa páxina web.

Nós, celebraremos o Mes das Letras 2021 elaborando creativos carteis para promover, divulgar lectura na nosa comunidade: lectura para tod@s!

Lecturas de vida, rememorando o Día do Libro 2020. En pleno confinamento, derivado da COVID-19, a motivación , ilusión e esforzo da nosa pequena comunidade educativa deu como froito 2 fermosísimos produtos finais, en formato vídeo, que podedes desfrutar picando nos seguintes enlaces:

Feliz Día Internacional do Libro Infantil, por unha lectura de calidade entre e para TOD@S!